Comeza a IV Edición do Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”
Período de participación dende o 15 de xullo ata o 31 de agosto

Hoxe, 15 de xullo, arrinca a IV Edición Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo”, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Zas xunto coa Deputación da Coruña, que ten como obxectivo principal promocionar o pazo máis antigo de Galicia a súa contorna.

A participación no concurso é de balde e non require de inscrición previa, simplemente é preciso facer unha fotografía ou varias, do interior ou dos exteriores das Torres do Allo e enviala ao enderezo: enfoques@torresdoallo.gal entre o 15 de xullo e o 31 de agosto de 2020.

Establecéronse tres categorías de premios: 1º premio 100€; 2º premio 75€; e 3º premio 50€.

Bases de “Enfoques do Allo” pódense consultar aquí:
Bases_2020