Verán 2021 – TORRES DO ALLO

Música, visitas teatralizadas, obradoiros infantís, mercado de San Ramón… este verán volve a actividade ás Torres do Allo

A programación esténdese do 15 de xuño ao 15 de setembro

Xa están abertas as inscricións para o obradoiro infantil que realizaremos o vindeiro 23 de xuño, coincidindo coa celebración do San Xoán

O Concello de Zas, a través da Concellaría de Cultura, xunto coa Deputación da Coruña vén de dar a coñecer a programación cultural que se desenvolverá este verán nas Torres do Allo. Estas son as actividades:

  • Dous Obradoiros Especiais Infantis son a novidade deste ano, celebraranse os días 23 de xuño e o 14 de xullo, respectivamente.

  • Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto é o período de recepción das fotografías do noso concurso fotográfico Enfoques do Allo, que nesta ocasión acada a súa V edición.

  • Volven as Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, todos os domingos de xullo e agosto, ás 19:30.

  • Retomamos Música nas Torres, Nastasia Zürcher estará connosco cunha actuación en acústico, será o venres 30 de xullo (hora por determinar).

  • Na mañá do 31 de agosto celebrarase de novo o Mercado de San Ramón, centrado na artesanía da bisbarra.

  • Completa esta programación estival a exposición temporal “Zas polo miúdo” que se estenderá ata o 15 de setembro.

  • Por último, continúan as actividades diarias anuais: Visitas Guiadas ás 13:00 e ás 17:00 (cita previa ), e o Xogo de Pistas (a realizar no horario de apertura).

Todas as actividades son de balde e están orientadas a todos os públicos.

O uso de máscara é obrigatorio. O aforo é limitado. Manteránse as medidas sanitarias vixentes.