Como cada verán o Concello de Zas e a Deputación da Coruña amplían o horario de
atención ao público en Torres do Allo. Esta ampliación supón un importante
incremento no seu horario de apertura; así, a partires do 15 do presente mes ata o 15
de setembro, o pazo máis antigo de Galiza abrirá todos os días da semana, isto é, de
luns a domingo, en dous horarios:
-De luns a venres, 11:00-20:00
-Sábados e domingos, 11:00 a 21:00
Mantense o horario das visitas guiadas, que agora fanse tódolos días, ás 13:00 e ás
17:00.
Recoméndase facer reserva previa no seguinte enderezo electrónico
info@torresdoallo.gal ou chamándo ao seguinte número de teléfono 655 716 743.
Para grupos organizados a reserva é obrigatoria.
Lembramos que a entrada e as actividades son de balde e están orientadas a todos os
públicos.