Nesta próxima semana, o pazo das Torres do Allo abrirá as portas nos días festivos 6 e 8 de decembro co horario de tempada baixa, isto é de 11:00h a 19:00h. Mantéñense as actividades como as visitas guiadas ás 13:00h e ás 17:00h ademáis do xogo de pistas para os máis pequenos e pequenas no que deberán resolver unha serie de probas.
Nesta ponte poderase entrar no pazo máis antigo de Galicia e deleitarse ca historia e natureza que o rodea como o xardín, o souto onde se atopa a fonte de San Ramón, a igrexa de San Pedro do Allo e moito máis.
As Torres abre nos festivos 6 e 8 de decembro 2022