As portas do pazo máis antigo de Galiza ábrense o día 7 de xaneiro e no interior atópase a nova exposición temporal organizada polo Concello de Zas e a Deputación da Coruña.
“As Torres tal como eran. Últimas pegadas dunha vida fidalga” é un percorrido a través de 12 fotografías en grande formato (100 x 85 cm) colocadas nos mesmos espazos onde foron realizadas para que os/as visitantes poidan apreciar como eran antigamente esas dependencias e os cambios experimentados a través do tempo .
As fotografías expostas, cedidas polo autor, pertencen ao arquitecto técnico José Luís Álvarez Arias que escolleu a rehabilitación do pazo máis antiguo de Galicia como proxecto de fin de carreira e polo que se lle foi outorgado o premio Fin de Carreira polo Colexio de Aparelladores de Asturias. Estas fotografías tomadas no ano 1981 ata o final da década de 1990 son as primeiras fotografías que se coñecen do interior do pazo.
Tamén estará dispoñible un documental do ano 1985 que foi incluído na serie “Vivir cada día” da RTVE no que se interpreta a campesiños e campesiñas pagando as rendas ao Allo no século XVIII, mostrando desta maneira o interior do pazo.