As Torres do Allo queren poñer fin a un verán de récord organizando un concerto nas Torres do Allo. O domingo 16 de setembro ás 19:00 horas o dúo “Caamaño – Ameixeiras” será o encargado de poñer música a este final de tempada. A formación de música folk actuará dentro do programa “Músicas do Mundo”, desta volta entre as pedras centenarias do pazo do Allo.
Un marco espectacular para escoitar a Antía meixeiras, gañadora do concurso de xoves intérpretes para tocar con Carlos Núñez na súa xira por E.E.U.U e actual violinista de Luar na Lubre; e a Sabela Caamaño, multipremiada acordeonista e pianista de Oza dos Ríos. As dúas, unhas das promesas máis sólidas da música galega dos últimos tempos. A actividade é de balde e de acceso libre ata completar aforo.