Tabla 1. Comparativa afluencia durante meses de octubre.

A pesar de encontrarse abertas en horario reducido, a afluencia de visitantes a Torres do Allo continúa en marcas positiva respecto a tódolos anos anteriores. Ser un referente da historia, do patrimonio, conservar a natureza en estado puro son algunhas das moitas razóns que animaron tanto a grupos, como visitas individuais a achegarse ó pazo durante o mes de outubro.

331 persoas achegáronse as Torres do Allo para visitalas libremente ou para gozar das actividades complementarias que se celebraron durante o mes. Isto supón continuar batendo marcas respecto anos anteriores; un incremento do 20,3% respecto do mes de outubro do ano anterior e un 90,2% máis que no mesmo mes en 2015. Torres do Allo, atrae a público de tódalas procedencias. Destacan sobre todo a afluencia de visitantes da Costa da Morte ao redor do 53%. Algo máis do 43% veñen doutras partes de Galicia atraídos pola historia viva do patrimonio, a natureza en estado puro do entorno ou polo interese das actividades que se celebraron. Os visitantes procedentes doutras Comunidades Autónomas son pouco relevantes supoñendo ao redor do 3% no que Cataluña e Madrid se reparte a afluencia, en canto os visitantes internacionais continúan a ser unha porcentaxe pouco destacable con un 1%.

Torres do Allo contou durante o mes de outubro con actividades complementarias, que foron referencia a nivel galego; o ciclo de conferencias “MONOGRAFÍAS DO ALLO”, xerou que o monumento zaense fose lugar de interese destacado en distintos ámbitos da cultura nacional xerando un impacto nas redes sociais tremendamente positivo, cun alcance de 3.319 persoas.

Tabla 2. Comparativa afluencia anos anteriores.

A falta de dous meses para pechar o ano máis de 6.500 persoas puideron desfrutar da xoia patrimonial zaense, e isto supón que aínda que queden dous intensos meses de actividades por diante para pechar 2017, se supere nun 81% as visitas totais de 2015 e nun 69% as visitas de todo 2016.

Novembro será un mes moi intenso nas Torres do Allo, onde pronto prometen novas. Atentos a súas redes sociais e páxina web, prometen non defraudar!

Datos históricos de afluencia en Torres do Allo.