O pazo máis antigo de Galicia celebrará o día das letras Galegas cunha nova
actividade.
No día 13 de Maio realizarase un obradoiro para os nenos e nenas de 4 a 12
anos ás 16:00 horas nas Torres do Allo. Nestas sesión artística os participantes
terán que plasmar con palabras e debuxos nun lenzo a cultura galega.
Para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros
Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo
das Torres info@torresdoallo.gal. As prazas serán limitadas.

Día das Letras Galegas nas Torres do Allo