O concurso fotográfico “Enfoques do Allo” concluíuse o día 30 de Outubro de 2021 ás 17:30 nas Torres do Allo, coa entrega de premios promovida pola Concellaría de Cultura do Concello de Zas ás autoras das fotos gañadoras.
O xurado, composto por Fidel Otero, Alberto Villar, Xurxo Sánchez, Tania Carreira e Juan Fuentes seleccionaron as finalistas que foron sometidas a unha votación popular nas redes sociais de Torres do Allo, no Facebook e no Instagram.
Como resultado desa votación popular a fotografía gañadora pertence a María de los Reyes Mora con 265 votos, levando o primeiro premio, 100€. O segundo premio con 75€, foi acadado por Valvanuz Coterillo Frías con 87 votos. Na terceira posición con 46 votos, a fotografía de Goretti Fuentes Montero quen gaña 50€ ademáis do 4ºpremio coa súa segunda foto gañadora con 42 votos. O quinto premio foille otorgado a Clara Sánchez Garrachón con 19 votos.
Nesta V edición do concurso contamos con cinco premios, os tres primeiros en metálico que entrega o Concello de Zas, a cuarta e quinta posición levan a súa recompensa, xentileza do Fotógrafo Juan Fuentes, con dous vales para a impresións de 30 e 15 fotos, respectivamente.
A Concelleira de Educación Pilar García García, fixo entrega dos mencionados premios