Durante o verán as Torres do Allo recuperan o seu popular Escape Room, unha
actividade deseñada polo Concello de Zas para coñecer a historia e segredos
do pazo máis antigo de Galicia a través do xogo de escapismo “a Matanza do Allo”.
Este ano o primeiro “Pazo Escape” do mundo volve ademais con temática siniestra e
con probas renovadas para conseguir fuxir do pazo no menor tempo posible.
O Escape Room poderá facerse de luns a sábado, ás 16:00 horas da tarde e
entre o 5 de xullo e o 15 de setembro.
O tempo asignado para resolver as probas e poder escapar do pazo estará estritamente
limitado a 60 minutos.
A Matanza no Allo é unha actividade gratuíta, orientada a público
adulto e para participar será preciso facer unha reserva enviando un correo a
info@torresdoallo.gal cos seguintes datos:
● Nome da persoa que reserva.
● Número de participantes (entre 2 e 5 persoas).
● Teléfono de contacto.
● Correo electrónico.
● Día da reserva.
A reserva farase efectiva mediante envío dun correo de confirmación por parte
da organización das Torres do Allo.
Recoméndase traer roupa e calzado axeitado, e se chove paraugas, para
moverse polos exteriores do pazo

 

Escape Room A Matanza no Allo