Este domingo 27 de febreiro o entroido retorna ás Torres do Allo cunha actividade para nenos e nenas de 4 a 12 anos ás 16:00 h.
O pazo está en perigo e precisa de axuda urxente de persoas valentes para defendelo. De cara a organizar ben a defensa deseñaremos e fabricaremos os nosos propios escudos e espadas seguindo as técnicas dos mellores mestres armeiros do Reino. Nesta manualidade poderemos traer os nosos propios disfraces e combinalos con complementos orixinais creados por nós mesmos.
As prazas son limitadas polo que para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torres info@torresdoallo.gal.

Guerreiros e guerreiras do Allo o 27 de febreiro