Achégase a Semana Santa e o pazo ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 23 e 31 de marzo en horario de 11 a 20h. Todas aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis na apaixonante historia das Torres terán a posibilidade de participar nunha das visitas guiadas diarias que se farán ás 13 e ás 17h e os máis cativos contan coa opción do Xogo de Pistas “A aventura do Allo”. Ademáis estarán dispoñibles dúas exposicións, “As Torres tal como eran” e “Terra de pazos”.

“As Torres tal como eran. Últimas pegadas dunha vida fidalga” é un percorrido a través de 12 fotografías en grande formato (100 x 85 cm) colocadas nos mesmos espazos onde foron realizadas para que os/as visitantes poidan apreciar como eran antigamente esas dependencias e os cambios experimentados a través do tempo.

“Terra de pazos” é unha exposición da arquitectura fidalga do xeodestino Costa da Morte. Un territorio extraordinariamente rico en pazos, casas grandes e construcións brasonadas, con máis dun cento de exemplos repartidos por toda a xeografía.

 

Horairo Especial Semana Santa 2024