O xoves 20 e o venres 21 de xullo ás 22:30h no exterior do pazo das Torres do Allo darase unha sesión documental de balde.
Xoves 20; COSTA DA MORTE TERRA MAR, PASADO E PRESENTE de Vizuals Lab. Coa presenza de: XABIER EIRÍS
Costa da Morte. Terra, mar, pasado e presente” é un documental no que 15 mulleres contan súas vidas entre o mar e a terra, vidas que permiten retratar xeracional e etnograficamente a Costa da Morte durante o último século, empregando imaxes dos fotografos que retrataron a nosa memoria histórica como José Vidal de Laxe, Ramón Caamaño de Muxía e Ruth Anderson nos seus viaxes por Galicia a finais dos anos 20 do século pasado.
Venres 21; CANELIÑAS, A COSTA DAS BALEAS de Paula Castiñeira e María GonzálezCoa presenza de: Paula Castiñeira e María González.
Caneliñas conta o pasado industrial de A Costa da Morte, que é necesario por en valor e oque significou na Costa da Morte en valor o que significou, é parte da historia industrial da zona, é un documental interactivo sobre a historia da baleeira sita en Caneliñas, sendo a ultima factoria en facelo en España tras a moratoria da caza de baleas no 1985.
Paula Castiñeira e María González veciñas da Costa da Morte a é xornaliastas querían recuperar as testemuñas reais existentes e comezaron polos seus familiares que traballaron na factoria sendo unha actividade que marcou a economía daquel tempo e que moitos desconocen.