Cartel Magosto e Samaín 2021

O magosto e samaín regresan a Torres do Allo nunha fin de semana cargada de actividades.

Este ano 2021 retornan ás Torres do Allo dúas das festas máis tradicionais do outono, o magosto e o samaín. O próximo sábado 30 de outubro comezarase celebrando o samaín cun obradoiro especial de máscaras de area para nenos e nenas para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Este taller realizarase en dúas quendas, ás 11:30 h pola mañá e ás 16:00 h pola tarde. Para participar será preciso inscribirse previamente nos centros Centros Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torres info@torresdoallo.gal. As prazas serán limitadas.

Ás 17:30 h da tarde terá lugar a entrega de premios da V edición do concurso fotográfico “Enfoques do Allo”. Este año a gañadora e primeiro premio con 100€ foi Maria de los Reyes Mora e a súa foto titulada “Fonte de San Ramón”. O segundo premio con 75€ foi para Valvanuz Coterillo Frias coa súa imaxe “Entre azul e verde” e o terceiro premio de 50€ correspondeulle a María Goretti Fuentes Montero coa fotografía “Dende os ollos da Labrega”. O cuarto e quinto premio patrocinados polo fotógrafo Juan Fuentes, son dous vales para a impresión de 30 e 15 fotos, respectivamente.

Para rematar a xornada, a partir das 18:00h da tarde celebrarase o tradicional magosto do Allo, acompañado de música a cargo da Asociación Cultural Adro e da Asociación Baile Tradicional Churía. Haberá castañas para todas as persoas que se queiran achegarse ata o pazo máis antigo de Galicia.
Todas as actividades son de balde e están orientadas para todos os públicos
O uso de máscara e obrigatorio. O aforo é limitado. Manteranse as medidas sanitarias vixentes.

Magosto e Samaín en Torres do Allo