Imos de troula esta fin de semana nas Torres do Allo!

Bailaremos, cantaremos e comeremos castañas no noso tradicional Magosto!!

O vindeiro sábado, día 9 de novembro a partires das 18 h., degustaremos as mellores castañas e desfrutaremos dunha foliada a cargo dos grupos tradicionais: Asociación Cultural Adro, Asociación de Baile Tradicional Churía e AC Trubisquiña de Vimianzo.

E para que a tarde comece ben, un pouco antes (16:30), as Torres do Allo acollerán tamén un Obradoiro de Samaín para a cativada,  onde os máis pequenos e pequenas da casa poderán divertirse aprendendo a facer zonchos e outras decoracións tradicionais desta tempada de outono.

O obradoiro é de balde, baixo inscrición previa nos centros socioculturais de Baio (981 718 056) e Zas (981 751 398) ou ben no enderezo electrónico info@torresdoallo.gal.

Non o perdades!

MAGOSTO + SAMAÍN 2019 NAS TORRES DO ALLO