O venres 12 de Xullo ás 20:00h as Torres do Allo terá o seu primer concerto deste verán con Mallou.

Mallou é un dúo formado por Sabela Bello e Benjamín Vázquez. Conxugan temas propios con clásicos da música popular galega; cancións de Amacio Prada, Xoán Montes Capón, Suso Vaamonde e Fran Perez “Narf”, entre outros.
Toman o nome do gaiteiro Xoán Bello Mallou, avó de Sabela Mallou é un proxecto sutil, contido e intenso. As dinámicas, o aire e o latexo da propia música son elementos que forman parte da súa maneira de entender as cancións. Mallou reinterpreta a tradición da música popular dende un profundo respecto ás súas raíces. Na súa maneira de crear, entender e arranxar, percíbense como as diversas influenzas musicais, xunto coas súas sensibilidades, pasan a forma parte dunha viaxe sonora que mestura elementos clásicos con outros máis modernos.

A entrada é de balde e está dirixido a todos os públicos.

 

Mallou nas Torres do Allo