O sábado 30 de outubro o concello de Zas comezará as celebracións do samaín coa realización dun obradoiro de máscaras de area nas Torres do Allo. Esta actividade realizarase en dúas quendas, ás 11:30 da mañá e 16:00 da tarde e estará orientada a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
O taller está inspirado nunha das imaxes máis emblemáticas do pazo, o “demo da Torre Viexa”. Trátase da relevo dunha sorte de diaño burlón que saca a lingua e que adoita considerarse como unha figura protectora da casa. Estas representacións son moi habituais na arte relixiosa do románico galego, pero moito menos frecuentes en edificios de carácter civil como é o caso das Torres.
No obradoiro os/as participantes aprenderán os segredos do simpático demo e doutra figura menos coñecidas das Torres e realizarán unha actividade manual que levarán despois para casa. Para participar hai que inscribirse previamente nos centros Centros Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no correo das Torres info@torresdoallo.gal
As prazas son limitadas e será obrigado o uso de máscara.

Máscaras de Area polo Samaín