O sábado 14 de outubro o arquitecto Iago Seara, inaugurou o ciclo de conferencias. Fíxonos participes de como coñeceu o pazo en estado de ruína no ano 1999 e aínda así Torres do Allo foi quen de impresionar a un dos mellores arquitectos; centrouse en todo o que transmitía a súa arquitectura sensitiva; as grandes lousas de pedras que dende o primeiro momento indicaron que se encontraba nun lugar especial, ou como o “croisette en lumiere” ou paseo da luz, algo tan exclusivo dos máis refinados palacios barrocos franceses, sorprendente se encontra no pazo do Allo.
O sábado 21 foi a quenda de Xosé A. Fraga. Centrouse na actividade científica do naturalista das Torres do Allo, Víctor López Seoane. Achegounos numerosa documentación científica como a carta de puño e letra que Charles Darwin enviara a este ilustre habitante do pazo ou a correspondencia que remitiu o recoñecido naturalista francés Fernand Lataste a Torres do Allo.
Xosé María Lema, foi o encargado de poñer o broche de ouro. Comezou agasallando ó pazo co libro que recentemente prologou “Atlas Hórreos de Galicia”, en relación a eses fermosos vixiantes pétreos da contorna do pazo do Allo e que no Concello de Zas se atesouran de maneira especial o longo do seu territorio.
O ciclo de conferencias pechou outubro deixando un balance que non podería ser máis grato, non solo pola cantidade de expertos e visitantes que se achegaron, senón tamén por a recompensa que supuxo para o Concello de Zas o recoñecemento do seu patrimonio dentro dos máis importantes ámbitos culturais. Torres do Allo conseguiu así situarse con esta intensa programación de calidade nun lugar senlleiro da cultura galega que ben se merecía.