Volve as sesións musicais nas Torres do Allo. Este venres 14 de xullo ás 20:00h darase o primer concerto, de balde, deste verán no pazo con Tania Caamaño e Andrés Boutureira, artistas da Costa da Morte que nos presentarán “NADA”.
NADA é un proxecto que nace das inquedanzas persoais de Tania Caamaño e Andrés Boutureira por materializar unha idea conxunta. A través dun repertorio variado que reune melodías tradicionais levadas a unha estérica pop, temas de creación propia e versións de cancións que forman parte da conciencia colectiva, o grupo presenta unha actuación novidosa onde a música de raiz e as estéticas máis actuais traballan conxuntamente dun xeito orgánico e natural.
Este concerto ten entrada de balde e está dirixido para o público xeral e familiar.
Máis información en Torres do Allo (655 71 67 43 / info@torresdoallo.gal)