A Fonte de San Ramón atopámola agochada no souto do Allo. Un manancial de auga fresca labrado en granito con dous canos presididos pola figura do santo. A fonte, de estilo barroco, foi mandada construír por Gómes de Riobóo Seixas e Vilardefrancos pola época na que levantaba a Torre Nueba, no século XVII. O enclave está pensado para o repouso e o lento deleite dos sons da auga e o bosque. Así o confirman as dúas amplas bancadas que se sitúan a ámbolos dous lados do acceso á fonte. Un lugar idílico no que facer un alto na nosa visita ás Torres do Allo.
Fonte de San Ramón