A pesar de estar aberto en horario reducido durante todo o outono, fins de semana e festivos, o pazo do Allo logrou atraer a 1.145 visitantes. Convertendo a este monumento non só no que máis medra da Costa da Morte senón en recurso turístico patrimonial de referencia.

O perfil de visita maioritario segue a ser o individual, aínda que se experimentou un aumento significativo de colexios, asociacións e grupos organizados.

En canto a procedencia destaca a afluencia de veciñ@s da comarca, seguido dun importante porcentaxe doutros puntos de Galicia atraídos pola historia, natureza e sobre todo a oferta de actividades con que conta o pazo, os visitantes nacionais e internacionais ocupan unha porcentaxe pouco significativa nesta tempada.

Contar cunha programación cultural de calidade vinculada ao patrimonio foi un dos maiores atractivos para achegarse ao pazo. Así o destaca os máis de 300 persoas acudiron o magosto ou os máis de 150 nen@s que durante o outono acudiron a procura do tesouro do Allo grazas ao Xogo de Pistas.

2017 é o ano do merecido recoñecemento a esta xoia do patrimonio zaense. A intensa labor que leva a cabo o Concello non cesa de recoller os froitos dunha boa xestión e que sen dúbida animan a traballar intensamente para que no 2018 sexan moitos máis os veciñ@s e visitantes que poidan gozar do seu patrimonio.

O monumento máis visitado da Costa da Morte en outono.