O Pazo do Allo convértese nunha enorme “Escape Room”, un xogo de escapismo para realizar en grupos e baixo reserva no que deberemos atopar a maneira de escapar do pazo nun tempo límite. Unha proposta para as persoas máis atrevidas onde se coñecerán lugares das Torres do Allo aos que non se pode acceder na visita normal.
Un “escape room” é un xogo de escapismo no que un grupo de persoas teñen un tempo limitado para conseguir saír da estancia onde están encerradas. A través dunha historia que fía a narración, o equipo ten que ir resolvendo puzzles, abrindo cadeados, e utilizando obxectos especiais para conseguir escapar no menor tempo posible. Unha actividade diferente para persoas que busquen unha experiencia activa, esixente e divertida.
A actividade é completamente gratuíta, para grupos entre 2 e 10 persoas, e pódese realizar de luns a domingo ás 11:30 ou ás 16:30 baixo reserva previa (info@torresdoallo.gal).