O sábado 31 de agosto, a partir das 11h. e ata ás 14:30h, terá lugar nas Torres do Allo o Mercado Tradicional de San Ramón. Pechamos por todo o alto a programación estival do pazo máis antigo de Galicia, cunha xornada compartida entre poboación local e visitantes co obxectivo de manter a tradición cultural da Festa de San Ramón no Allo, unha romería con máis de catro séculos de historia.
Na contorna das Torres instalaremos un Mercado con produtos artesanais da comarca, dando continuidade a unha iniciativa que pretente ser un espazo de encontro coa nosa artesanía e etnografía para os veciños e as veciñas do Allo e máis para os visitantes do pazo. Ademais da posibilidade de mercar produtos ecolóxicos ou artesanais coma liño, encaixe, sancosmeiros, cestos, xabóns, mel, etc., ofreceremos unha visita guiada especial nas Torres do Allo centrada na temática da festividade de San Ramón.
Achegádevos a desfrutar da nosa cultura viva, nun ambiente festivo e divertido, e a coñecer de primeira man as tradicións da comarca e a historia da que participamos todas e todos. Agardámosvos!