Os días 17 e 18 de decembro celebrarase nas Torres do Allo o Nadal cunha actividade
gratuita para os nenos e nenas de 4 a 12 anos, organizada polo Concello de Zas e a
Deputación da Coruña. A actividade será no interior do pazo ás 16:00 horas ambos
días. Consistirá nunha pequena manualidade no que os rapaces e rapazas deberán
sacar o seu lado artístico para adornar e diseñar postais para os seus familiares ou para
os Reis Magos.
As prazas serán limitadas e será preciso apuntarse con antelación mandando un correo
á info@torresdoallo.gal ou por chamada telefónica ás Torres do Allo (655 71 67 43), ao
Centro Sociocultural de Zas ou de Baio (981 751 389 / 981 718 056) coa información
necesaria para a reserva, isto é: nome do/da participante, a súa idade, a data (17 ou 18
de decembro) e un número de contacto ou correo electrónico.

Postais desde o Allo; obradoiro de Nadal nas Torres do Allo 2022