cartaz veran 2020

Volven as Visitas Teatralizadas coa compañía Os Quinquilláns Teatro, todos os domingos de xullo e agosto, ás 19:30.

Dende o 15 de xullo ata o 30 de agosto é o período de participación no noso concurso fotográfico IV edición Enfoques do Allo.

O 31 de agosto celebrarase o Mercado de San Ramón, centrado na artesanía.

Continúan as ofertas diarias: Visitas Guiadas ás Torres do Allo, ás 13:00 e ás 17:00 (previa cita para grupos) e noso famoso Xogo de Pistas.

A exposición “A Brandomil Romana” que se extenderá ata finais de setembro, completa a nosa oferta. A información relativa á súa inauguración comunicarase en breve.

Todas as actividades son de balde.

Programación de verán 2020