XORNADA FESTIVA O SÁBADO 27 DE NOVEMBRO NAS TORRES

O vindeiro Sábado 27 de Novembro conclúe o mes do Patrimonio, organizada polo Concello de Zas, con gran variedade de actividades que terán como escenario privilexiado asTorres do Allo.
Neste día comezará ás 16:00h “Recorda o que eu recordo”, unha demostración en vivo de traballos manuais sobre a cestería, con Ramiro de Vilaestévez e outra sobre o fiado do liño coa Asociación Amigos do Liño de Zas.

Haberá tamén xogos tradicionais coa colaboración do Melga-Museo Etnolúdico de Ponteceso e un obradoiro de trenzado de palla para todos os públicos coa asociación de artesás de San Cosme de Antes, Trenzarte.
Ás 19:00h darase unha sesión de contos con Celso Fernández Sanmartín e para rematar o día haberá castañas e música a cargo da Asociación Cultural Adro.

Para o obradoiro de trenzado e a sesión de contos as prazas son limitadas polo que será preciso inscribirse no Centro Sociocultural de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no correo das Torres info@torresdoallo.gal
Será obrigatorio o uso da máscara regulamentaria durante os obradoiros e na sesión de contos.

Recorda o que eu recordo o 27 de novembro