A romaría de San Ramón é unha das festas máis tradicionais do noso municipio e co fin de recuperar esta celebración, o Concello de Zas, en colaboración coa Deputación da Coruña, deseñou un programa de actividades que se desenvolverá o propio día da festa, o vindeiro 31 de agosto, nas inmediacións do pazo das Torres do Allo.
Ao igual que nos últimos anos, entre as 11:00 e as 19:00 horas haberá un mercado de artesanía no que participarán uns vinte artesáns da zona que nos ofrecerán artigos de todo tipo (encaixe, liño, xoias, instrumentos musicais, complementos de bisutería, cesteiría, madeira,…).
Para os máis novos realizaremos a partir das 12:00 horas un obradoiro de barro no que é necesario inscribirse en calquera destes números de teléfono: 981 75 13 98 ou 981 71 80 56. Na romaría de San Ramón tampouco faltará a música que nos chegará ao redor das 14:30 horas da man do grupo ALANA;un grupo que mistura a música tradicional galega con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop, e que lle dará paso ás merendas de campo ás 15:30h. Habilitarase un Espazo para as merendas ao que se poden unir coa súa propia comida todas as persoas que o desexen.
A romaría continúa pola tarde cunha xincana infantil (17:00 horas). Logo ás 18:00 h estará Pako Pakolas que nos trae a súa actuación “Rockeando coa Ramona pequena”. E rematarase o evento coa banda musical LAVIANA ás 19:00h.