No día de hoxe tivo lugar nas Torres do Allo a entrega de premios do I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MÓBIL “ENFOQUES DO ALLO”. Un acto no que Alcalde de Zas e o Concelleiro de Cultura, fixeron entrega aos gañadores dos seus galardóns e diplomas acreditativos.
“Enfoques do Allo” foi un autentico éxito, e non só pola participación, na que un total de 54 persoas presentaron 291 fotografías; Senón por que as publicacións relacionadas co concurso chegaron a un total de 26.353 persoas que interactuaron 61.493 veces cos contidos. 3.904 persoas entraron directamente nas publicacións do concurso a través da páxina web de Torres do Allo e clicaron 2.894 veces sobre elas. Finalmente, as dez fotografías finalistas recibiron un total de 1.313 votos a través de Facebook e Instagram.
Todo isto converteu a Torres do Allo nun dos monumentos da Costa da Morte con máis repercusión nas redes sociais, avalado por datos como os do seu Facebook, onde as publicacións do seu perfil chegaron, dende a súa creación, a un total de 79.409 persoas directas, cun impacto viral diario da propia páxina sobre outras 71.612 persoas. Os contidos vinculados a Torres do Allo (fotografías, vídeos, noticias, etc…) tiveron un alcance diario de 233.191 impresións. Máis de 100 persoas ao día entraron na páxina de Facebook de Torres do Allo e 20.302 persoas déronlle ao “gústame” da páxina dende o 1 de xullo ata o 22 de setembro de 2017. O Instagram de Torres do Allo é seguido asiduamente por un total de 91 persoas cun total de 1920 “gústame”.
A gran repercusión xerada e a incrible acollida son un pulo moi grande para o Concello de Zas, que continua apostando por unha xestión cultural e turística de calidade para as Torres do Allo.