Torres do Allo vén de superar a impresionante cifra dos 7.000 visitantes a falta aínda dun mes para rematar 2017. Un rotundo éxito para o pazo máis antigo de Galicia, para a xestión do Concello de Zas, e para toda a Costa da Morte.

Un tirón turístico e cultural sen precedentes grazas aos valores do propio monumento (a riqueza do seu patrimonio artístico, un entorno etnográfico e natural perfectamente conservado) e a unha programación cultural de calidade e accesible a tódolos públicos dende que a Concellería de Cultura do Concello de Zas tomara as rendas da xestión das Torres.

Destaca o enorme aumento de veciños e veciñas da comarca que se achegan a coñecer esta xoia dos pazos de Galicia, o que demostra o interese polo patrimonio propio e polas actividades que se organizan dende as Torres do Allo para dalo a coñecer. O Magosto do Allo celebrado o pasado 18 de novembro foi un rotundo éxito.

A área de influencia de Torres do Allo tamén experimentou un crecemento espectacular de visitantes procedentes do resto de Galicia e doutras comunidades autónomas grazas á visibilización da súa web e redes sociais.

Torres do Allo convértese así nun referente da posta en valor do patrimonio como un recurso turístico e cultural sostible.

Torres do Allo supera os 7.000 visitantes!