Antigamente, cando as Casas do Curro que forman parte do monumento aínda estaban habitadas, tódolos anos había festa na eira de diante das Torres do Allo con motivo do San Ramón. Aínda hoxe podemos ver o pequeno palco da música onde se subían os gaiteiros e tamborileiros a bota-las pezas logo da misa na capela de San Pedro do Allo.
Dende as Torres do Allo queremos recuperar esa tradición e darlle pulo á celebración que manteñen os veciños e veciñas do Allo coa instalación dun Mercado Tradicional con produtos artesáns da comarca. O obxectivo é acercar ao público parte da nosa historia, da nosa etnografía, algo tan identificativo, alegre, e vivo como a romaría e o mercado tradicional. Unha romaría con máis de catro séculos de vida.
O día 31 de agosto a partir das 11h. e ata ás 15:00h. todxs xs que se acheguen ás Torres do Allo poderán escoitar música, botar uns bailes, repoñen folgos na sesión vermú, asistir a unha visita guiada especial centrada na festa e incluso mercar produtos ecolóxicos ou artesáns como liño, sombreiros de palla, cerámica de Buño, encaixe, cestos, xabóns., etc…
Trátase de recuperar e sentirse fachedosxs das nosas tradicións, de acercar ao público a historia e etnografía dunha forma diferente e entretida. Un día de festa e troula, que sorprenderá a todxs xs que se acheguen a unha das festas máis antigas da comarca.
Agardámosvos!