Arrinca o III Concurso de Fotografía Móbil ”Enfoques do Allo” co obxectivo de promocionar o pazo máis antigo de Galicia. Non dubidedes en vir ás torres do Allo e sacar unha fotografía ou varias! Do 1 de xullo ao 20 de agosto… Podedes optar a premio!

A participación é de balde e non require de inscrición previa, simplemente é necesario enviar as imaxes ao enderezo de correo electrónico enfoques@torresdoallo.gal. As 10 imaxes mellor valoradas subiranse ás nosas redes sociais oficiais Facebook e Instagram as que obteñan máis “gústame” poderán gañar un dos tres premios que temos para vos, dotados de 100, 75 e 50 euros cada un.

Lembrámosvos que os horarios de visita das Torres do Allo son de 11 h. a 20 h. de luns a venres e de 11 h. a 21 h. durante as fins de semana na tempada estival, por si queredes facer fotografías do interior. Tamén podedes concursar con fotografías dos exteriores no caso de que queirades utilizar algún tipo de luz diferente. Acudide a facer as vosas fotografías e non dubidedes en participar!

Máis información:

Bases del III Concurso de Fotografía Móvil “Enfoques do Allo”

Volve o Concurso “Enfoques do Allo”