Esta fin de semana arranca o II Concurso de Fotografía Móbil_”Enfoques do Allo”. Do 1 de xullo ao 20 de agosto está aberto o prazo de recepción de fotografías no enderezo enfoques@torresdoallo.gal. Organiza a túa visita a Torres do Allo e demostra a túa ollada de artista con esa foto única que che fará gañar o 1º premio dotado con 100 euros. Consulta os horarios de visita para conseguir aproveitar a mellor luz do día. Descárgate as bases do concurso nesta web e anímate a participar!

[ BASES DO CONCURSO ]

Volve o Concurso “Enfoques do Allo”