O 21 de Abril ás 16:00h as Torres do Allo celebra o día do Planeta cunha serie de
sinxelas manualidades con materiais biodegradables para os rapaces e rapazas de entre 4
e 10 anos. Nesta actividade gratuita os participantes aprenderán como aproveitar
materiais simples que se poderían atopar na casa para crear divertidos xoguetes ou
decoracións para darlles un toque natural ás habitacións dos nenos e nenas.

O obradoiro será gratuito e con prazas limitadas polo que será preciso inscribirse
facilitando datos como o nome e apellidos do participante, a idade e un número de
teléfono aos seguintes contactos: Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 /
981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo (info@torresdoallo.gal).

Ademáis da actividade tamén se propocionan os servizos de visitas guiadas polo pazo ás
13:00h e ás 17:00h. Tamén estarán dispoñibles as exposicións de “As Torres tal como
eran” e “Terra de pazos” onde explicarán como foron as Torres do Allo antes da súa
restauración e información sobre todos os pazos e casas grandes de toda a Costa da
Morte.

 

Volve o día do planeta ás Torres do Allo