O Concello de Zas organizou o pasado sábado, día 8 de xuño pola tarde, o Día do Xogo Tradicional que tivo unha moi boa acollida entre a veciñanza de Zas e dos arredores. A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional participou no evento, divulgando a mecánica de xogos tradicionais coma a escopeta de Melide, o trompo, a mariola,  os zancos, as carrilanas, o tirapedras, a rá… que encheron de diversión o entorno do pazo máis antigo de Galicia.

Na carballeira que da acceso ás Torres do Allo instaláronse os postos de xogo cos que nenos e nenas de tódalas idades pero tamén os maiores puidemos desfrutar dunha xornada do máis lúdico. Con esta finalidade, a maxestosa avenida de entrada ao pazo máis antigo de Galicia permaneceu pechada ao tráfico durante o desenvolvemento da actividade, proporcionando así, un espazo seguro para xogar e divertirse en familia.

Deixámosvos algunhas imaxes desta lúdica xornada.

dav
dav
sdr

Xornada familiar nas Torres do Allo arredor do Xogo Tradicional