Dámosche a benvida a Torres do Allo, o primeiro pazo galego da historia. Descubre a Casa señorial dos Riobóo, que comeza 500 anos atrás coas Revoltas Irmandiñas e remata nos nosos días, con conexións co Hospital Real de Santiago, os Reis Católicos e Charles Darwin. Un edificio monumental situado no Concello de Zas, na provincia de A Coruña, cun entorno natural idílico e perfectamente conservado. Hórreos, soutos, fontes, igrexa, carballeiras, xardíns, gárgolas, pombais… Unha paisaxe etnográfica para o desfrute dos sentidos. Hai moito que ver no Pazo de Torres do Allo. Dá unha volta pola web e organiza a túa visita!

Cartafol Escolar.

O Contorno.

Torres do Allo está formado tamén polos camiños, carballeiras, fontes, cabazos, pombal, soutos, capela, palco da música, e demais elementos que constitúen un conxunto etnográfico moi ben conservado.

O Xardín.

Na parte traseira do Pazo do Allo atópanse os restos dun xardín barroco do século XVIII. O gran protagonista é o xigantesco abeto de Vancouver de 20 metros de alto. Un lugar para realizar actividades didácticas ao aire libre.

O Pazo.

Unha verdadeira xoia arquitectónica. comezouse a construír no século XV e foi o modelo para os demais pazos galegos. De estilo barroco e renacentista, é o sucesor civil dos castelos medievais do Reino de Galicia.

A Exposición.

Os contidos do museo das Torres do Allo fan unha radiografía da Galicia rural dos últimos séculos. Os oficios, as vestimentas, as relacións de poder, os costumes, detalles artísticos do pazo, o día a día de labreg@s e fidalg@s.

Idiomas

GAL | CAST | EN

Séguenos

Magosto e maxia nas Torres do Allo

Magosto e maxia nas Torres do Allo

As Torres do Allo acollerán este sábado 14 de novembro unha nova edición do tradicional Magosto, unh[...]
As Torres do Allo pechan un verán histórico con máis de 4.500 visitantes

As Torres do Allo pechan un verán histórico con máis de 4.500 visitantes

As Torres do Allo pechan a campaña de verán de 2026 cun balance moi positivo. O monumento recibiu 4.[...]
Mercado de Artesanía de San Ramón 2026

Mercado de Artesanía de San Ramón 2026

Unha xornada para celebrar os oficios, a tradición e a cultura galega nas Torres do Allo As Torres [...]