O conxunto das Torres do Allo é un edificio repleto de secretos e misterios. Ao seu valor arquitectónico hai que engadirlle tódolos detalles artísticos cos que están decoradas e que fan obrigada a visita a este edificio con 500 anos de historia. Escudos de armas, gárgolas, ménsulas, balcóns, fiestras, arcos, saeteiras, cans, orlas, dinteis e moitos máis detalles que lle dan un valor engadido ao xa de por si impoñente Pazo do Allo. Todos estes elementos son analizados pormenorizadamente no libro de Sánchez García, Jesús Ángel “Torres do Allo: Arquitectura e Historia del primer pazo gallego”, editado pola Deputación de A Coruña (2001).

ESCUDOS DE ARMAS

Nos pazos os brasóns cumprían a función de mostrar a calidade e o poder dos seus propietarios a través da exhibición dos símbolos heráldicos das casas coas que estaban emparentados. Este é o caso dos escudos de armas en ámbalas dúas torres. Na Torre Viexa atopamos un escudo destas características, que destaca aos Figueroa, aos Vilardefrancos, aos Moscoso e aos Riobóo; cuxo brasón é un castelo con porta da que nace unha silveira que logo sae por unha ventá.

No escudo que se encontra na Torre Sur ou Nueba, case douscentos anos posterior ca Torre Viexa, podemos observar a importante alianza que os Riobóo estableceron coa Casa dos Seixas. Nel aparece o brasón dos Caamaño, o dos Lousada, o dos Seixas, representado por cinco pombas, e a estrela de Santiago que fai referencia ao arcebispado compostelán, así como da fachada. Tamén encontramos outro escudo no arco dunha das portas, co emblema dos Caamaño ou dos Leis, formado por cinco lanzas.

Escudo Torre Sur

 

Escudo Torre Sur

 

Escudo Torre Norte

 

Escudo Caamaño

 

Escudo Igrexa • © José Manuel Yáñez.

 

Gravado Torre Norte • © José Manuel Yáñez.

 

Gravado Torre Sur • © José Manuel Yáñez.

 

GÁRGOLAS

Son moitas as figuras que podemos descubrir no alto do Pazo do Allo. Nas súas cornixas penduran representacións pétreas con corpo e cabeza de can. Destacan sobre todo as gárgolas situadas nas esquinas das torres con figuras de leóns, e outras no centro cunha figura humana subida ao cano de desaugue.

Gárgolas

 

Gárgola

 

Gárgola

 

OUTRAS FIGURAS

Son de destacar tamén as ménsulas que sosteñen o balcón da Torre Sur. Moi similar en factura e intención a aquelas que atopamos nos balcóns da fachada do Hospital Real de Santiago de Compostela. Neste caso podemos ver tres figuras de animais fantásticos alados. Dúas semellan grifóns e terceira ten cabeza de muller. Na Torre Norte e no corpo central encontramos gárgolas con figuras de aves na súa fachada lateral. Dentro do pazo descubriremos tamén unha cabeza de demo tallada nun can situado no salón principal.

Ménsula demo

 

Debuxo mésula demo • © José Manuel Yáñez.

 

Ménsulas

 

VENTÁS

As fiestras son elementos importantísimos no Pazo do Allo. Hainas de varios tipos e funcións. Dende as saeteiras defensivas, como a que ten forma de cruz situada na torre norte; ata as elaboradas porta-ventás que rematan nun balcón barroco, na torre sur. Aínda que algúns investigadores consideran que, pola súa ornamentación, as ventás do Allo son manuelinas; encaixan mellor no mencionado gótico-tardío ou isabelino, tal e como defende Sánchez García no seu libro. Cunha gran riqueza estilística e profusamente adornadas, estas ventás son un auténtico espectáculo. As orlas que enmarcan os seus vanos, os propios escudos de armas que as coroan, e algúns remates de gran valor como a greca pétrea no que se basea o logotipo das Torres do Allo; son motivos suficientes para dedicarlle parte do tempo da nosa visita a contemplar estes detalles excepcionais.

Ventá

 

Ventá interior

 

Ventá norte

 

Ventá troneira

 

Conxunto ventás

 

ARCOS

Son dignos de mención a variedade e factura dos arcos de portas e ventás das Torres do Allo. Nestas últimas atopamos excepcionais arcos mixtilíneos na gran fiestra da torre norte; así como un precioso arco aximezado na ventá contigua. Son de destacar tamén as arcadas conopiais que presentan varias portas do Pazo do Allo. Sobre todo o da porta principal, coa curiosidade de ter a pedra chave invertida, excepcional na arquitectura de fins do século XV.

Debuxo arcada • © José Manuel Yáñez.