Ao longo deste verán máis de 4000 persoas visitaron o pazo máis antigo de Galicia para informarse da súa historia e de disfrutar do día con actividades organizadas polo Concello de Zas e a Deputación de A Coruña. Actividades como as sesións de contos nas Torres con Caxoto e onde se compartiron historias con moito humor e agarimo; a regueifa con Lupe Blanco e Suso de Xornes , o concerto de Tania Caamaño con Andrés Boutureira, a nova exposición Terra de Pazos, campamentos urbanos; visitas guiadas teatralizadas dos Quinquilláns que representaron a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane que compartiron cos labregos e labregas a historia do pazo, os costumes, tradicións e tamén as preocupacións do seu tempo; campamentos urbanos no que participaron máis de 100 nenos e nenas , a xornada do liño e a romería de San Ramón nos que se brindaron as actuacións de Ailá e Paco Nogueiras ademáis de degustacións; e actividades cheas de misterio como xogo de escapismo Matanza no Allo e a búsqueda do tesouro. 

As Torres do Allo despídese do verán e volve co horario de tempada baixa, o pazo abrirá os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 horas. Realizarase máis actividades que se irán informando nas redes sociais de Facebook e Instagram.

 

As Torres do Allo despídense do verán unha vez máis.