CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CO MÓBIL “ENFOQUES DO ALLO” V EDICIÓN

-BASES-

O Concello de Zas, dende a Concellaría de Cultura, xunto coa Deputación da Coruña, organiza a V Edición do “CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MÓBIL-ENFOQUES DO ALLO”. O obxectivo deste concurso é a promoción e difusión do monumento histórico-artístico de Torres do Allo e a súa contorna entre as persoas usuarias das redes sociais Facebook e Instagram.

BASES DO CONCURSO

  1. Poderán participar no presente concurso calquera persoa física que durante o período de validez da presente campaña participe na acción segundo se propón nos termos descritos nestas bases.

  2. A participación no concurso é gratuíta e non require inscrición.

  3. O período de recepción de fotografías vai dende o día 1 de xullo de 2021 ata o 31 de agosto de 2021, ambos inclusive.

  4. Para que unha fotografía entre no concurso debe cumprir os seguintes requisitos:

    a. Ser unha foto, interior ou exterior, do monumento Torres do Allo e/ou da súa contorna.

    b. Ser unha foto tomada con un teléfono móbil.

    c. A fotografía dixital non pode exceder os 9.9 Mb de tamaño.

    d. Debe ser enviada ao enderezo enfoques@torresdoallo.gal, xunto cos seus datos de contacto: nome e teléfono.

  5. Aquelas fotografías que non cumpran estes requisitos, a criterio da organización, non poderán optar aos premios na presente convocatoria.

  6. As persoas participantes poderán enviar ata un máximo de 3 fotografías, non se terá en conta a cantidade das mesmas, senón a calidade de cada unha delas, de xeito individual.

  7. Cada fotografía virá acompañada dun título que dará nome á fotografía.

  8. Unha vez finalizado o prazo de presentación de fotos, oxurado fará unha selección das 10 mellores fotografías. Para a súa elección valorarase, entre outras características: calidade, creatividade, orixinalidade, estética, relación título-fotografía, valorando especialmente o ter potenciado os valores patrimoniais históricos, artísticos e/ou etnográficos de Torres do Allo e da súa contarna. Estas dez instantáneas subiranse ás redes sociais oficiais de Torres do Allo (Facebook e Instagram) e aquelas que obteñan un maior número de “gústame” no prazo indicado, máis adiante nestas bases, serán as fotografías gañadoras do concurso, co 1º, 2º, 3º, 4º e 5º posto en relación correlativa ao número de “gústame”.

  9. O Concello de Zas e a organización do concurso resérvanse o dereito de anular o presente concurso ou suspendelo, ou ben cambiar algunhas das súas condicións se por causas técnicas ou de calquera outra natureza allea á súa vontade non puidera cumprir co normal desenvolvemento do mesmo, segundo o establecido nas presentes bases.

  10. As persoas concursantes ceden os dereitos de imaxe das súas fotografías para que o Concello de Zas poida usalas para promover, por calquera medio de comunicación, o turismo, o patrimonio e a cultura do concello.

  11. A participación no concurso implica a total aceptación das presentes bases e das posibles decisións que adopte a organización.

PREMIOS

  1. Os premios son os seguintes:

Outorgados polo Concello de Zas:

1º Premio: premio en metálico de 100€.

2º Premio: premio en metálico de 75€.

3º Premio: premio en metálico de 50€.

Patrocinados por Juan Fuentes, Fotógrafo de Baio:

4º Premio: impresión 30 fotografías.

5º Premio: impresión 30 fotografías.

  1. As fotografías finalistas serán seleccionadas por un xurado composto por distintos persoeiros relacionados coa fotografía así como persoal do Concello de Zas. Nun prazo de 10 días despois do remate do concurso, anunciaranse a través das redes sociais de Torres do Allo, Facebook e Instagram, despois do 10 de setembro de 2021, polo que se recomenda seguir as contas regularmente.

  2. Establécese o prazo de entre o 11 de setembro á hora de publicación e o 30 de setembro ás 00.00 como período no que se poden realizar as votacións mediante o “gústame” no Facebook e Instagram oficiais de Torres do Allo. Rematado este prazo, resultarán gañadoras as fotografías que obtiveran un maior número de “gústame”.

  3. Os premios serán entregados nun acto oficial no Concello de Zas. As persoas gañadoras e o xurado serán debidamente notificado, mediante correo electrónico e chamada telefónica, a data e o lugar da celebración do acto de entrega de premios.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

  1. As persoas participantes aceptan, mediante a súa participación no concurso, que os contidos e comentarios que vaian ser publicados en Facebook e Instagram poidan ser compartidos co resto de usuarios de Facebook e doutras redes sociais.

  2. Non é preciso rexistro previo en ningunha aplicación, nin o Concello de Zas vai recoller ningún dato da inscrición posto que a participación é pública e gratuíta. Excepto no caso dos gañadores, que para a entrega dos premios se recollerán os seus datos persoais.

RESPONSABILIDADES

  1. A organización resérvase o dereito de denunciar e/ou pedir a eliminación da fotografía, se algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria.

  2. A organización resérvase o dereito de denunciar e/ou pedir a eliminación de calquera comentario, se algún deles vulnera dereitos persoais, resulta ofensivo ou discriminatorio.

  3. A organización resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do concurso.

  4. A organización resérvase o dereito de rexeitar ou excluír da participación do concurso a calquera participante que non reúna os requisitos descritos nas presentes bases e os seus termos de participación ou contraveña as normas ou finalidade do concurso.

  5. A organización non se responsabiliza das posibles perdas de datos por problemas e/ou mal funcionamento das redes sociais ou da internet. Ademais a organización exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesares das medidas de seguridade adoptadas, puideran deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte das persoas usuarias, e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación de personalidade dunha terceira persoa efectuada por un/unha usuario/a en calquera clase de comunicación realizada a través do portal.

  6. Igualmente, a organización exclúe toda responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza que puidera deberse ao uso indebido, manipulación ou mutilación que os usuarios/as ou terceiros/as non autorizados/as puideran realizar ao respecto do contido xeral da presente páxina, así como da vulneración dos dereitos da propiedade intelectual que puidera producirse.

En Zas, 1 de xullo de 2021

Concello de Zas

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CO MÓBIL “ENFOQUES DO ALLO” V EDICIÓN-BASES-