Tras mes e medio en exhibición, a mostra “Lembranzas do Allo” rematou o 12 de maio cunha crifra total de 633 visitantes. Esta exposición, aberta ao público nas Torres do Allo dende o 30 de marzo, permitiu ás xentes do Allo reconectar coa súa memoria e vivencias íntimamente relacionadas coa historia do pazo máis antigo de Galicia, e aos visitantes achegarse ao pasado recente do lugar.

A exposición contou cunha nutrida selección de imaxes antigas, anuncios da prensa de principios do século XX e debuxos e fotografías do arquitecto e historiador Miguel Durán Loriga dos anos 40. Para a súa montaxe realizouse un rigoroso traballo de búsqueda de información nos aquivos da Deputación de A Coruña e o Museo Provincial de Pontevedra, pero tamén cabe sinalar a importancia das tertemuñas orais e a colaboración da a veciñanza do Allo. Un exemplo desta colaboración foi o vídeo proxectado da entrevista a D. Fidel, párroco da igrexa de San Pedro.

Máis de 600 persoas visitan a exposición temporal “LembranZas do Allo”