Exposición temporal nas Torres do Allo a través de 12 veciños e os seus oficios.

A través de doce paneis contase a historia de doce veciños, e os seus oficios, acompañados de obxectos singulares que formaron parte da súa vida e do seu traballo. Estes veciños, os cales desempeñaron os seus traballos dende a segunda metade do século pasado, pemítennos coñecer como era a labor dun carpinteiro, unha costureira, un canteiro ou unha mestra, entre outros, achegándonos a unha realidade moi diferente a actual

      

A exposición, cargada de recordos, conta con fotografías e obxectos únicos, achegados polos propios protagonistas e que permiten contar unha historia chea de momentos singulares, que nos falan do emprendemento, da sabedoría e sobre todo, da afouteza.
A exposición, poderase visitar ata o próximo mes de xaneiro de 2022 en horarios de fins de semana: sábados, domingos e festivos, dende as 11.00 ata as 19.00 h., nas Torres do Allo.

DESCARGA AQUÍ o folleto da exposición.

“Recordos dun oficio”